15 de junio de 2010

Plan de Finaciación

a. Recursos propios.

A nosa produtora conta con material técnico para as rodaxes, o que a exime o aluguer de dito material e polo tanto será una partida menos nos noso orzamentos. Entre este material contamos, por exemplo con:

- Cámara JVC

- Maletín de iluminación (3 butanitos, soportes, e dimers)

- Equipamento básico de son.



b. Axudas e subvencións.

1. Axudas do Agadic ao audiovisual galego: convocatorias 2010.

1.- Comprobar, para as axudas e investimentos, o cumprimento pola entidade, das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Facenda pública da Xunta de Galicia.

2.- Para que, de acordo co establecido nos puntos 3º e 4º do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública e no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta orde no Diario Oficial de Galicia, na súa páxina web oficial e nos rexistros públicos referidos, con expresión da entidade beneficiaria, a cantidade e a súa finalidade, no xeito que determine o órgano competente.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 24 de maio.
A contía total destinada a estás subvencións é de 300.000 euros. O prazo de xustificación das subvencións remata o 31 de outubro de 2010.

2. Curtametraxes en soporte dixital

Produción de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega -ficción, animación ou documental- cunha duración inferior a 30 minutos. As subvencións terán unha contía máxima de 6.000 euros.

Cada proxecto deberá estar inscrito nun só tipo ou modalidade e estas non poderán ser acumulables. O importe máximo da subvención non poderá superar o cincuenta por cento do investimento subvencionable e, en todo caso, a cantidade de 30.000 euros.

Beneficiarios: Todas as persoas físicas residentes, cando menos por un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que formen parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

c. Merchandising

A nosa idea para este proxecto é realizar un amplo merchandising para financiar parte da nosa produción. As ideas principais son as seguintes:

- Chapas

- Camisetas

- Bolígrafos

- Pegatinas

- Chisqueiros

d. Product placement

Temos pensado utilizar o product placement nunha parte concreta da curta. Unha actriz aparece en escena chea de revistais, xornais e algúns utensilios de praia. Será nese momento cando integremos o product placement.

Utilizaremos revistas coñecidas como:

- Adios!

- Que me cuentas

- Once minutos

- Culore

Produtos de praia como:

- Nibrea

e. Patrocinio

Temos elaborado un completo dossier que utilizaremos na procura dos nosos patrocinadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario