15 de junio de 2010

Choupana Films

Choupana Films nace como unha idea dos seus propietarios, por unha banda Isabel Veiga Milego, e doutra, Diego C. Falque. A idea da productora é introducirse pouco a pouco no mundo audiovisual, con proxectos innovadores que conecten co público.

A idea principal de Choupana Films é comezar coa realización de curtas, para ir ampliando pouco a pouco o seu mercado e o seu potencial. É importante destacar que os seus dous propietarios son, ademáis, directora e guionista respectivamente, polo que a mairande parte das obras que se publiquen serán propias dos productores.

O organigrama desta pequena productora queda confeccionado da seguinte forma:
  • PROPIETARIOS: Isabel Veiga Milego e Diego C. Falque.
  • XEFE DE PRODUCIÓN: Jaime E. Serín.
  • XEFE DE RR.PP: Pablo Carrera Simón.
  • AXUDANTE DE PRODUCIÓN: Cristian Parejas.

O noso primeiro proxecto é Eureca, unha coprodución con Francia, que está a punto de comezar a rodaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario