6 de abril de 2010

Retomamos o traballo

Esta mañá, tras o parón vacacional da semana santa, voltamos ao traballo no noso proxecto.
Hoxe adicamos a clase a:
1.Tomar algunhas decisións para a última reescritura do noso guión.
2.Decidir os lugares máis adecuados para facer as fichas de localizacións.
3.Estudar todos os puntos a tratar no dossier, que teremos que presentar a vindeira semana do 26 de abril cando realicemos o piching final.

1. Pretendemos mudar un personaxe por problemas de produción pero non atomas forma de suplantalo sen que perda o seu significado.
2. Como precisamos tres fichas para cada localización do guión e no grupo somos exatamente tres, cada un elixirá o lugar que lle pareza máis apropiado para cada localización. Despóis poñerémonos de acordo para elixir a que máis conveña.
3. xa que o dossier ten varios puntos cada un dos compoñentes do grupo encargarase dun apartado diferente, para facilitarnos o traballo mutuamente, pero sempre poñendo as ideas en común.


No hay comentarios:

Publicar un comentario